Xa están convocadas as subvencións de biomasa, aerotermia, xeotermia e paneis solares térmicos

Como todos os anos o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) abre a convocatoria para as subvencións de proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares.

Destinaránse máis de 3 millóns de euros en axudas á instalación de caldeiras, estufas e insertables de biomasa (pellets e leña); bombas de calor, tanto aerotermia coma xeotermia; e paneis solares térmicos.

A cuantía das axudas por proxecto pode ser de ata o 50%, dependendo das características da instalación. Os prazos para facer as solicitudes abren, dependendo do tipo de enerxía, dende o 14 de Febreiro ata o 6 de Marzo, e as solicitudes débenas realizar as entidades colaboradoras do INEGA (as empresas instaladoras).

subvencións enerxías renovables galicia 2020

Se estás interesada/o ou queres máis información contacta con nós, estudiaremos o teu proxecto e poderemos darche un orzamento a medida, indicarche a cuantía de axuda que che correspondería e tramitar a solicitude de subvención de maneira gratuita.

Podes contactar con nós nos teléfonos 622849014 e 622263983, a través do noso correo electrónico ecovida@ecovidainstalacions.es, ou a través do formulario da nosa páxina web premendo neste enlace.