¿Tes algún proxecto no que che poidamos axudar?

¿Cómo funciona unha caldeira de leña?

Unha caldeira de leña funciona da mesma maneira que unha caldeira de gas ou de gasóleo. O dispositivo simplemente utiliza combustible ecolóxico, madeira, en forma de troncos.

A caldeira de leña consta de tres elementos principais : unha cámara de combustión; un intercambiador de calor; unha zona de enchido, onde o usuario coloca a leña manualmente.

Cando a leña arde transfírese o calor xerado ó circuito hidráulico, para dar servizo de calefacción a través de radiadores ou chan radiante, e producir auga quente sanitaria.

A autonomía dunha caldeira de leña dependerá de varios factores, como a calidade da leña, a capacidade da zona de enchido da máquina, ou do tipo de sistema, poderán ser necesarias cargas continuas nun sistema cun insertable de leña, ou soamente unha carga diaria nun sistema con caldeira de gasificación e chama invertida.

Vantaxes dun sistema de calefacción con leña

As caldeiras de leña son económicas, duradeiras e respectuosas co medio ambiente. A madeira é unha materia prima renovable e dispoñible localmente, que  experimenta baixas fluctuacións de prezos e é menos custosa que o gasóleo ou o gas, podendo acadarse aforros de entre o 40% e o 100% (no caso de autoconsumo de leña). Ademáis, a combustión dunha caldeira de biomasa é neutra en CO₂, polo que se trata dun sistema de calefacción renovable.

Por outra parte é unha tecnoloxía de calefacción probada, segura e eficiente, con rendementos de ata o 9o% no caso das caldeiras de gasificación, e con múltiples posibilidades de instalación: pódense instalar en substitución dun sistema tradicional de gasóleo ou gas; tamén se pode instalar en paralelo, tendo a posibilidade de traballar cós dous sistemas. Existe tamén a posibilidade de instalar coa caldeira un depósito de inercia para mellorar o rendemento da instalación e a comodidade dos usuarios.

Tipos de sistemas de leña

aire

Your Content Goes Here

Your Content Goes Here

Your Content Goes Here

acon

Your Content Goes Here

Your Content Goes Here

Your Content Goes Here

dicionado

Your Content Goes Here

Your Content Goes Here

Your Content Goes Here

¿Queres instalar unha caldeira de leña?

Si estás pensando en instalar unha caldeira de leña, Ecovida Instalacións somos unha empresa instaladora de caldeiras de leña na provincia de Pontevedra.

Tant para sustituir unha caldeira de gas ou gasóleo, ou para combinar os dous sistemas, instalar unha caldeira de biomasa en Pontevedra é unha das mellores opcións para ter un sistema de calefacción renovable e económico. O aforro no custo do combustible respecto ó gasóleo ou ó gas é superior ó 50%.

Ademáis, en Ecovida instalacións tramitamos as subvencións do INEGA (Instituto enerxético de Galicia) dispoñibles para estes proxectos.

Tanto si estás pensando en instalar unha caldeira de leña de chama invertida, unha caldeira de leña convencional, ou un insertable de leña, contacta con nós, asesorarémoste da mellor maneira posible.

¿Queres instalar aire acondicionado?

Cóntanos o que necesitas, e poderemos axudarte!