¿Tes algún proxecto no que che poidamos axudar?

¿Cómo funciona unha caldeira de pellets?

Unha caldeira de pellets funciona segundo o mesmo principio que unha caldeira convencional de gas ou gasóleo. A diferenza está no tipo de combustible utilizado:  funcionan con pellets de madeira. Tamén chamados “pellets”, obtéñense a partir de serrín de madeira comprimido.

O seu principio de funcionamento é bastante sinxelo. Os pellets de madeira transpórtanse de forma automática desde o silo ou tolva ata a cámara de combustión. Alí quéimanse e a calor liberada pola combustión transfírese á auga do circuito dunha instalación hidráulica central de calefacción (chan radiante, radiadores etc.) e á auga sanitaria contida no depósito de almacenamento. A continuación, as cinzas de combustión recóllense no cinceiro e os gases de combustión evacúanse ao exterior a través do conduto de fumes. Cando hai unha nova demanda na instalación, a caldeira inicia outra vez a combustión grazas a un sistema de acendido automático: unha resistencia eléctrica acende o pellet. Deste xeito este tipo de caldeiras non necesitan manter unha temperatura mínima, senón que só inician a combustión cando hai unha demanda no sistema, maximizando a eficiencia.

Os pellets como enerxía renovable

Unha caldeira de pellets é un sistema respectuoso co medio ambiente . Os pellets de madeira son recursos renovables, ademáis de un combustible económico. Fabrícanse a partir de residuos de madeira procedentes de industrias madeireiras ou dunha xestión forestal sostible e son neutros en carbono: a cantidade de CO 2 que liberan ó queimarse é inferior á que absorbe a madeira da que están feitos durante o seu crecemento. Por tanto, ó queimar pellets non engadimos CO2 á atmosfera, ó contrario que cos combustibles fósiles tradicionais.

Ademáis, en Ecovida instalacións instalamos caldeiras austríacas de primeiro nivel, que acadan rendementos superiores ó 95% no caso de caldeiras convencionáis de pellets, e superiores ó 107% no caso de caldeiras de condensación de pellets.

Con estes datos, sabemos que sustituíndo unha caldeira de gas ou gasóleo por unha caldeira de pellets pódense acadar aforros de entre o 30% e o 50% no gasto de calefacción e auga quente, á vez que se deixan de emitir gases de efecto invernadeiro á atmosfera.

Tipos de sistemas de pellets

CALDEIRA CONVENCIONAL CON TOLVA

Caldeira de pellets de carga manual, con tolva integrada, para sistemas de alta ou baixa temperatura. Rendementos superiores ó 95% e autonomía por tolva superior a unha semana.

CALDEIRA CONVENCIONAL CON SILO

Caldeira de pellets de carga mediante camión neumático, con silo textil ou de obra, para sistemas de alta ou baixa temperatura. Rendementos superiores ó 95% e autonomía por silo superior a un ano.

CALDEIRA DE CONDENSACION CON TOLVA

Caldeira de pellets de carga manual, con tolva integrada, para sistemas de baixa temperatura. Rendementos superiores ó 107% e autonomía por tolva superior a unha semana.

CALDEIRA DE CONDENSACION CON SILO

Caldeira de pellets de carga automática mediante camión neumático, con silo textil ou de obra, para sistemas de baixa temperatura. Rendementos superiores ó 107% e autonomía por silo superior a un ano.

¿Queres instalar unha caldeira de pellets?

Si estás pensando en instalar unha caldeira de pellets, Ecovida Instalacións somos unha empresa instaladora de caldeiras de pellets na provincia de Pontevedra.

Tanto en obra nova, como para sustituir unha caldeira de gas ou gasóleo, instalar unha caldeira de biomasa en Pontevedra é unha das mellores opcións para ter un sistema de calefacción renovable e económico. O aforro no custo do combustible respecto ó gasóleo ou ó gas pode ser de ata o 50%.

Ademáis, en Ecovida instalacións tramitamos as subvencións do INEGA (Instituto enerxético de Galicia) dispoñibles para estes proxectos.

Tanto si estás pensando en instalar unha caldeira de pellets con tolva integrada, ou con silo textil contacta con nós, asesorarémoste da mellor maneira posible.

Podemos instalar a túa caldeira de pellets

Dinos en qué tipo de caldeira de pellets estás pensando, e poderemos axudarte!