¿Tes algún proxecto no que che poidamos axudar?

¿Por qué instalar ventilación mecánica controlada (VMC)?

A ventilación dunha vivenda ou local comercial é fundamental para garantir a calidade do aire que respiramos. A falta de ventilación, ademáis, vicia o aire de vapor de auga que remata creando condensacións, favorecendo a aparición de mofos ou hongos.

Sin ventilación, ademáis do vapor de auga, o dióxido de carbono e outros contaminantes “pesan” no aire interior, repercutindo na salubridade do mesmo.

En locáis comerciáis e negocios, ademáis do aspecto de saúde e benestar, a ventilación tamén axuda a manter un bo funcionamento de certos equipos e máquinas.

A instalación dun sistema de ventilación mecánica controlada (VMC), é a mellor opción para garantir a correcta renovación do aire nunha vivenda ou local comercial, que é insuficiente con medios manuais na maioría dos casos.

Así mesmo, a instalación dun sistema de ventilación mecánica controlada nunha vivenda de nova construcción, cumpre os requerimentos en materia de ventilación e calidade do aire interior esixidos no Código Técnico de Edificación (CTE), así como na Directiva Europea de Eficiencia Enerxética en Edificios (EPBD).

¿Cómo funciona un sistema de ventilación mecánica controlada?

Os sistemas de ventilación mecánica controlada permiten a renovación continua do aire dunha vivenda.

Independentemente do tipo de sistema instalado, o principio de funcionamento é o mesmo, os equipos de ventilación mecánica controlada extraen o aire viciado da vivenda, á vez que introducen aire limpo do exterior, eliminando contaminantes  e mellorando a calidade do aire, permitindo evitar a aparición de humidades por condensación na vivenda.

Tipos de ventilación mecánica controlada

SISTEMA DE SIMPLE FLUXO

Renovación de aire continua

Os equipos de VMC de simple fluxo extraen aire das estancias húmidas da vivenda (cuartos de baño, cociña, lavadeiro) provocando con esa extracción a entrada de aire desde as reixas previstas nas estancias secas, o que ocasiona unha renovación constante do aire da vivenda.

SISTEMA DE DOBLE FLUXO

Sistema de ventilación con recuperador de calor.

Os equipos de VMC de doble fluxo extraen aire nas estancias húmidas, á vez que impulsan aire ás estancias secas. Estes fluxos de aire crúzanse nun intercambiador de calor, o que consegue que o aire que entra se queza en inverno, e se enfríe no verán, polo que se trata da ventilación máis eficiente.

SISTEMA DESCENTRALIZADO

O sistema de ventilación ideal para reformas

Os equipos de VMC descentralizada integran un recuperador de calor cerámico e un ventilador reversible. Traballa extraendo aire ó exterior e impulsando aire á vivenda por ciclos. Nun ciclo almacena calor no acumulador cerámico para ceder ese calor ó aire no seguinte ciclo.

¿Queres instalar un sistema de ventilación mecánica controlada?

Si necesitas instalar un sistema VMC, en Ecovida Instalacións somos unha empresa instaladora de ventilación mecánica controlada na provincia de Pontevedra.

Xa sexa con motivo de mellorar a calidade do aire, ou para evitar humidades por condensación, instalar VMC en Pontevedra mellora o confort e a salubridade das vivendas.

Contacta con nós e asesorarémoste da mellor maneira para instalar ventilación mecánica, tanto para unha instalación de ventilación mecánica de simple fluxo, unha instalación de ventilación mecánica con recuperador de calor, ou unha instalación de ventilación mecánica descentralizada.

Podemos instalar o teu equipo de ventilación

Dinos  en qué sistema de ventilación estás pensando, e poderemos axudarte!