Subvencións enerxías renovables térmicas 2024
Abre unha nova convocatoria de axudas por parte do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para enerxías renovables térmicas en vivendas. Neste caso destinaránse 2 millóns de euros en subvencións a caldeiras de pellets ou leña, bombas de calor (aerotermia) e solar térmica.
As subvencións asignaránse por concurrencia competitiva en función de características técnicas de cada proxecto, sendo subvencionables en ata un 50%. O prazo para facer as solicitudes de axuda comeza o 16 de Febreiro e remata o 21 de Marzo.
En caso de estar interesada/o ou querer máis información, podes contactar con nós premendo aquí, estudiaremos o teu proxecto e poderemos darche un orzamento a medida, indicarche a cuantía de axuda que che correspondería e tramitar a solicitude de subvención de maneira gratuita.