Aberta a convocatoria de subvencións para biomasa

Un ano máis abre a convocatoria por parte do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) para subvencións a proxectos para sistemas de calefaccion por biomasa destinadas a particulares.Destinaránse 1,5 millóns de euros en axudas á instalación de caldeiras de biomasa (pellets e leña).

A cuantía das axudas por proxecto pode ser de ata o 50%, dependendo das características da instalación. As subvencións asignaránse por orde de entrada, o plazo para facer as solicitudes comeza o día 1 de Marzo e as solicitudes débenas realizar, como todos os anos,  as entidades colaboradoras do INEGA (as empresas instaladoras).

subvencións enerxías renovables galicia 2022

Se estás interesada/o ou queres máis información contacta con nós, estudiaremos o teu proxecto e poderemos darche un orzamento a medida, indicarche a cuantía de axuda que che correspondería e tramitar a solicitude de subvención de maneira gratuita.

Podes contactar con nós nos teléfonos 622849014 e 622263983, a través do noso correo electrónico ecovida@ecovidainstalacions.es, ou a través do formulario da nosa páxina web premendo neste enlace.